Tachaaaannnnnn! Xa temos unha nova Bibliochans!O Trasno convidou ao alumnado de Chans a asistir a inauguración da súa nova Biblioteca os días 18, 19 e 20 de maio..
Despois duns meses de moitas negociacións, reformas e moito, moito traballo aqui tedes as primeiras imaxes oficiais da NOSA NOVA BIBLIO. Grazas a todos/as os que colaborastedes a poñela tan "guapa"
E un regaliño máis. Este fermoso poema de Carlos Negro que é un agasallo seu para as Bibliotecas Escolares de Galicia
Unha illa de luz na xema dos dedos.
Uha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
Unha pulga e o xigante.
Uha rosa e o cravo.
Unha serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario