domingo, 17 de abril de 2016

O PLANETA VERDE: 22 DE ABRIL (DIA DA TERRA)

Sogama vén de editar o primeiro capítulo dunha serie de doce videocontos, orientados aos escolares galegos de infantil e primeiro ciclo de primaria, a través dos cales pretende seguir traballando na difusión das boas prácticas ambientais na xestión do lixo, destacando a importancia de manter o noso planeta limpo e verde. Así, nárranse as aventuras dunha familia de extraterrestres, a familia Trebón, conformada por Anselmo (o pai), Carola, (a nai), Lucas (o fillo), e Antenas (o can), que tras chegar á terra na súa nave espacial, coñecen a dous rapaces, Lilia e Vito, así como ao gato Evaristo, dos que se fan moi amigos e cos que vivirán unha serie de aventuras nas que o coidado do medio ambiente cobrará especial protagonismo.

O Planeta Verde from Sogama on Vimeo.
Recicla con Pocoyó

No hay comentarios:

Publicar un comentario