viernes, 25 de noviembre de 2016

25 DE NOVEMBRO:DIA DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


O día 25 de novembro, foi  declarado, a través da Resolución 54/134 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas  no ano 1999,  DíA INTERNACIONAL DA ELIMINACIóN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.Consideramos que a educación é  un primeiro paso decisivo para erradicar este tipo de condutas. A través da educación en valores cómpre estar alerta perante comportamentos sexistas nos centros, empregar unha linguaxe non discriminatoria, facer visible a muller nos contidos curriculares, non caer en estereotipos de xénero e, en definitiva, non perpetuar unha visión androcéntrica do universo.
Con esta finalidade un grupo de profesoras e profesoras de Pontevedra, coacolaboración dun Inspector de Educación desta Xefatura Territorial, crearon o blog www.educandoenigualdade.wordpress.com onde se poden atopar recursos para o traballo na aula co alumnado das diferentes etapas educativas. Este blogue aporta, neste momento, uns materiais que se poden considerar moi apropiados para esta tarefa e que irán medrando no tempo coas achegas e suxestións que vaia recibindo.
Educando en igualdade
CONTOS 
CONTOS PARA TRABALLAR A IGUALDADE

No hay comentarios:

Publicar un comentario